Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 13/10/2022
Data da publicación no DOG: 06/11/2025
O decreto ten por obxecto establecer os requisitos para a creación e funcionamento das unidades de farmacia e dos depósitos de medicamentos e produtos sanitarios nas estruturas de atención primaria, así como os recursos humanos, materiais e técnicos cos que deben contar aqueles.
Como principio básico de actuación, respecto da autorización das unidades de farmacia e depósitos de medicamentos e produtos sanitarios nas estruturas de atención primaria, establécese o de garantir a maior equidade posible.
As unidades de farmacia dos centros de atención primaria constitúen os órganos a través dos cales se prestará a atención farmacéutica no nivel da atención primaria en Galicia. Naqueles centros de saúde e Puntos de Atención Continuada do Servizo Galego de Saúde que non dispoñan de unidades de farmacia deberán constituírse depósitos de medicamentos e produtos sanitarios.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 15