Obxecto:
esta norma ten por obxecto establecer o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 11 do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato.
Así mesmo, ten por obxecto regular a ordenación da devandita etapa educativa, de acordo coa disposición final sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Cumprir o calendario de implantación establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, que regula que o disposto implantarase para o primeiro curso do bacharelato no ano académico 2022-2023, e para o segundo de bacharelato, no curso 2023-2024.