Decreto 121/2022, do 23 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2022/23

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 12/04/2022

Data da publicación no DOG: 03/08/2022

Obxecto:

o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2022/23, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda, terceira, cuarta e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG