Decreto 86/2022, do 19 de maio, polo que se establecen a creación e o marco normativo regulador das actividades da Escola Galega de Saúde Pública

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico Xurídico I)

Departamento: Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 14/03/2022

Data da publicación no DOG: 06/06/2022

Obxecto:

establecer un marco normativo para o desenvolvemento do conxunto de actividades que integran a Escola Galega de Saúde Pública.

Créase a Escola Galega de Saúde Pública como unha iniciativa orientada a fomentar a formación e investigación científica en materia de saúde pública necesaria para dar resposta aos desafíos e perigos para a saúde da poboación e ante ameazas sanitarias globais.

A Escola configúrase como un instrumento de participación, intercambio de coñecementos e experiencias e aprendizaxe compartido en materia de saúde pública. As actividades que a conforman serán deseñadas e planificadas pola consellería competente en materia de sanidade a través do órgano directivo competente en materia de saúde pública.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG