Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Inicio da tramitación: 05/02/2022

Data da publicación no DOG: 09/09/2022

Obxecto:

esta norma ten por obxecto establecer o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e no artigo 10 do Real decreto 95/2022, do 1 de febreiro, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil.

Así mesmo, ten por obxecto regular a ordenación da devandita etapa educativa, de acordo coa disposición final sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cumprir o calendario de implantación establecido na disposición derradeira terceira do Real decreto 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas da educación infantil, que regula que o seu contido se implante no curso escolar 2022-2023.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3