Obxecto:
a Xunta de Galicia ten regulada, neste momento, a acreditación dos centros hospitalarios a través do Decreto 52/2001, do 22 de febreiro, polo que se regula a acreditación dos centros hospitalarios da Comunidade Autónoma de Galicia, pero os cambios organizativos e os avances existentes na consideración e cualificación da calidade das prestacións sanitarias fan necesaria a aprobación dunha nova norma regulamentaria.
Así, a través do anteproxecto regulamentario que se está a tramitar, amplíase o alcance da acreditación aos centros sanitarios públicos e privados, coas excepcións que se indican no articulado, considerando como centros sanitarios aos efectos desta norma os definidos no artigo 3.9 da Lei 8/2008, do 10 de xullo.
No texto do anteproxecto regúlase, así mesmo, a comisión autonómica de acreditación de centros sanitarios como un órgano colexiado ao que se lle atribúen funcións de asesoramento e de emisión de informes sobre os procedementos de acreditación.