Decreto 184/2024, do 14 de outubro, polo que se regula o Rexistro de entidades incluídas no sector público autonómico de Galicia, segundo a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e o Sistema europeo de contas nacionais e rexionais da Unión Europea

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Inicio da tramitación: 28/05/2021

Data da publicación no DOG: 29/10/2024

Obxecto:

o presente decreto ten por obxecto regular o ámbito de aplicación, a estrutura e o contido do Rexistro de entidades do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia previsto no artigo 52 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do sector público de Galicia.

Así mesmo, ten por obxecto regular as obrigacións das entidades que integran o sector público autonómico de Galicia, así como daquelas nas que concorran os requisitos determinados polo Sistema Europeo de Contas para integrarse no sector da Administración pública autonómica de Galicia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG