Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se regula e se inicia o procedemento para a acreditación das/dos enfermeiras/os para a indicación, uso e autorización da dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano

D

Documentos relacionados

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Sanidade

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

Inicio da tramitación: 27/10/2020

Data da publicación no DOG: 15/07/2021

Obxecto:

a orde ten por obxecto regular e iniciar o procedemento para a obtención da acreditación, por parte do profesional de enfermería, para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano, relacionados co seu exercicio profesional. O procedemento aquí regulado será aplicable ao profesional de enfermería responsable de coidados xerais e especializados que exerza a súa actividade profesional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con independencia do carácter público ou privado dos centros, servizos e establecementos sanitarios nos que preste os seus servizos. Será tamén de aplicación para a acreditación das enfermeiras/os que, a pesar de non estar a desenvolver na actualidade a súa actividade profesional, teña a súa residencia habitual na nosa comunidade.

Prevese un procedemento de acreditación de oficio por parte da administración, xestionado a través de Fides/expedient-e, así como a posibilidade de que os profesionais que non conten coa experiencia necesaria, poidan ser acreditados trala superación do curso de adaptación ofrecido pola Administración sanitaria de maneira gratuíta, o cal será programado e xestionado pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 9