Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e se aproba o modelo normalizado de solicitude (código de procedemento AP522T)

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Facenda e Administración Pública

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública

Inicio da tramitación: 11/01/2021

Data da publicación no DOG: 26/02/2021

Obxecto:

regular o procedemento de presentación de solicitudes de inclusión nas listaxes para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, previsto no artigo 5 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e aprobar e dar publicidade ao modelo normalizado de solicitude.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG