Órgano ou entidade tramitadora:
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Departamento:
Consellería de Medio Ambiente, Ordenación do Territorio e Vivenda
Inicio da tramitación: 15/05/2019
Data da publicación no DOG: 05/11/2020
Obxecto:
O Souto da Retorta declarouse monumento natural mediante o Decreto 77/2000, do 25 de febreiro. Ademais, tanto o Souto da Retorta coma o eucalipto O Avó aparecen recollidos no Decreto 67/2007, do 22 de xaneiro, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras. Parte deste espazo, concretamente, 1,23 hectáreas, está incluído na zona de especial conservación ES1120012 Río Landro. A Lei 9/2001, do 2 de agosto, de conservación da natureza establece como instrumento de planificación para o monumento natural o plan de conservación; o devandito plan formularase como decreto pola Consellería de Medio Ambiente, que o someterá a información pública e audiencia dos/as interesados/as.
AVISO: As suxestións deberán enviarse a partir deste xoves 16 de maio.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 1