Orde do 27 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2013 pola que se fixan os prezos privados que percibirá a Xunta de Galicia polos servizos prestados polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Inicio da tramitación: 12/03/2019

Data da publicación no DOG: 12/07/2019

Obxecto:

o obxectivo principal desta disposición é establecer un novo réxime de revisión dos prezos privados que percibe a Xunta de Galicia polos servizos prestados polo Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), baseado na non indexación de valores monetarios, sendo proposto un modelo de revisión no que se trasladen ao valor revisado exclusivamente as variacións dos custos da man de obra do persoal do centro, e en concreto as variacións experimentadas pola retribución do persoal ao servizo do sector público. Así mesmo, é igualmente interese da Consellería de Economía, Emprego e Industria poñer o LOMG a disposición do sector público autonómico, levando a cabo as súas actuacións mediante algún dos procedementos de colaboración indicados na Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Co fin de poder implementar estas medidas procede a modificación da Orde pola que se fixan os prezos privados que percibe a Xunta de Galicia polos servizos prestados polo LOMG.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG