Decreto 68/2018, do 21 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2018/19

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 18/05/2018

Data da publicación no DOG: 05/07/2018

Obxecto:

o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2018/2019, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda, terceira, cuarta e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG