Orde do 19 de abril de 2018 polo que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 01/02/2018

Data da publicación no DOG: 25/04/2018

Obxecto:

establecer a obrigatoriedade de cursar a materia de Historia da Filosofía no segundo curso de bacharelato, a través dos itinerarios que organicen os centros, para todo o alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Asemade, establecer a oferta obrigatoria por parte dos centros educativos e no segundo curso da materia de Historia da Filosofía, como materia específica, para as modalidades de bacharelato de Ciencias e de Artes, aínda que voluntaria a súa elección por parte do alumnado.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG