Orde do 7 de setembro de 2017 pola que se determinan os criterios que seguirán as cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia para a elaboración dos seus censos electorais, a clasificación en grupos e categorías de cada unha das empresas que os integran e para a asignación de vogais representantes nos plenos respectivos

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Inicio da tramitación: 08/08/2017

Data da publicación no DOG: 14/09/2017

Obxecto:

A norma ten por obxecto modificar a orde do 11 de abril de 1997, co fin de adaptar o seu contido ao disposto na Lei 5/2014, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia e ás modificacións introducidas pola Lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG