Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 21/04/2017

Data da publicación no DOG: 29/08/2017

Obxecto:

a norma ten por obxecto a creación da Axencia Galega da Industria Forestal e a aprobación dos seus Estatutos, en virtude da autorización prevista na disposición adicional sexta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG