Decreto 65/2017, do 6 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 05/06/2017

Data da publicación no DOG: 14/07/2017

Obxecto:

O presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2017/2018, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda, terceira, cuarta e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG