Orde do 16 de outubro de 2017 pola que se establecen os modelos a que se deberán adaptar as memorias que edite a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Cultura

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Cultura

Inicio da tramitación: 15/02/2017

Data da publicación no DOG: 26/10/2017

Obxecto:

A dita disposición normativa ten por obxecto modificar a Orde do 20 de maio de 2008 pola que se establecen os modelos aos que deberán adaptarse as memorias que editen os distintos departamentos da Xunta de Galicia, organismos autónomos, axencias, fundacións, entidades e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia.

Debido ao tempo transcorrido, a práctica demostrou que pode existir unha tipoloxía moi ampla de memorias e informes oficiais de actividades, con moi diferentes enfoques, destinos e propósitos, que dificilmente se axustan ás características marcadas na Orde do 2008 que as regula ata agora. Acorde á nova realidade, e por razóns de operatividade, accesibilidade e actualización, recoméndase utilizar preferentemente o formato electrónico na elaboración das memorias ou informes oficiais de actividades.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 2