Orde do 11 de abril de 2017 pola que se publica o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 17/02/2017

Data da publicación no DOG: 02/05/2017

Obxecto:

o obxecto da norma é a publicación dos modelos de solicitude do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda anual a favor das persoas pensionistas da seguridade social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia (procedemento BS 650F), regulado no Real decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das persoas pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG