Obxecto:
a través do presente Decreto procédese a completar o desenvolvemento da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, tras o Decreto 38/2014, do 20 de marzo, polo que se regula o Consello Galego de Acción Voluntaria.
Así, ao abeiro do disposto no artigo 38 da dita Lei, cómpre a regulación do Observatorio Galego de Acción voluntaria, a súa constitución, estrutura e funcionamento.
Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 11.k e 31.3 da dita Lei 10/2011, do 28 de novembro, abórdase a regulación dos plans e proxectos elaborados polas entidades de acción voluntaria, establecendo do seu contido mínimo. Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 26.2 da dita Lei, determínase o contido mínimo dos programas de formación en materia de acción voluntaria.