Orde do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música en desenvolvemento do Decreto 163/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Inicio da tramitación: 21/06/2016

Data da publicación no DOG: 01/12/2016

Obxecto:

regular a ordenación das ensinanzas superiores de Música na Comunidade Autónoma de Galicia que será de aplicación nos centros públicos e privados autorizados do ámbito territorial de competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos que se impartan ditas ensinanzas, en calquera das súas especialidades.

Establecer os procedementos que desenvolvan o previsto nas normas básicas de referencia, ao obxecto dunha correcta organización académica nos centros que imparten estas ensinanzas desenvolvendo no seu contido o acceso e admisión ás ensinanzas, a matrícula, a promoción e permanencia, o recoñecemento de créditos ECTS, a mobilidade académica do alumnado, a planificación académica, a avaliación e cualificación do alumnado, o traballo de fin de estudos e as prácticas externas asociadas a estas ensinanzas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG