Decreto 135/2016, do 6 de outubro, polo que se regulan a estrutura e a organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia

Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 17/06/2016

Data da publicación no DOG: 25/10/2016

Obxecto:

este decreto ten por obxecto regular a estrutura e organización do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental da Comunidade Autónoma de Galicia, así como establecer as disposicións xerais, a organización operativa e as medidas para a súa implantación.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG