Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da axencia Instituto Enerxético de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 22/03/2016

Data da publicación no DOG: 08/11/2016

Obxecto:

Mediante o presente decreto desenvólvese a disposición adicional terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e dáse cumprimento ao previsto no art. 54.5 de dita lei, regulando os aspectos referidos á organización e funcionamento da axencia, a súa estrutura, o réxime do seu persoal, o seu réxime económico - financeiro, e o seu réxime patrimonial e de contratación.

A posta en marcha da Axencia Instituto Enerxético de Galicia responde ao intento de implantar unha nova cultura de xestión pública, potenciando a autonomía, eficacia e flexibilidade na xestión mediante a planificación, a transparencia e a avaliación de resultados. Reforzará a calidade do servizo coa finalidade de optimizar os obxectivos e fins da axencia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG