Lei 14/2016, do 27 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2012, do 12 de abril, da Área Metropolitana de Vigo

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Administración Local

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza - Dirección Xeral de Administración Local

Inicio da tramitación: 30/03/2016

Data da publicación no DOG: 01/08/2016

Obxecto:

O pasado 9 de abril do ano 2012, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/2012, do 12 de abril, da Área Metropolitana de Vigo. O dito texto daba cumprimento a unha reivindicación histórica dos concellos da área de influencia da cidade máis poboada de Galicia: a creación dunha entidade local supramunicipal coa capacidade de xestionar aqueles servizos públicos que a propia realidade social, demográfica e económica dos concellos integrantes recomenda planificar e prestar de xeito coordinado en todo o territorio metropolitano.

Porén, a entrada en vigor da Lei 4/2012 non se correspondeu cunha posta en marcha inmediata do ente metropolitano polo que se fixo necesaria a busca dun consenso reforzado entre as institucións involucradas para garantir o seu arranque efectivo.

Coa vontade de chegar a un acordo, a Xunta de Galicia puxo en marcha desde mediados do ano 2015 un proceso de diálogo que frutificou finalmente co acordo acadado en Vigo na reunión celebrada o 22 de febreiro de 2016.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG