Decreto 72/2016, do 9 de xuño, polo que se autorizan e se regulan determinados sistemas de eliminación de subprodutos animais non destinados ao consumo humano en Galicia e se concretan determinados aspectos sanitarios das explotacións porcinas

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Departamento: Consellería do Medio Rural - Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Inicio da tramitación: 01/01/2016

Data da publicación no DOG: 22/06/2016

Obxecto:

Autorizar, en condicións que garantan a protección da saúde pública, a sanidade animal e o medio ambiente e con arranxo ao disposto no artigo 16 do Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e os produtos derivados non destinados ao consumo humano, as seguintes actuacións:
a) A eliminación mediante enterramento dos équidos mortos nas explotacións equinas.
b) A eliminación mediante enterramento das abellas mortas e outros subprodutos animais non destinados ao consumo humano da apicultura (en diante SANDACH da apicultura).
c) O enterramento dos cadáveres de animais de compañía.
d) A eliminación, baixo supervisión oficial, mediante degradación in situ, de cadáveres de animais equinos explotados en liberdade mortos nos pastos.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG