Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de RR. HH. do Servizo Galego de Saúde
Departamento: Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Inicio da tramitación: 01/06/2020
Data da publicación no DOG: 15/10/2020
o decreto ten por obxecto a creación da especialidade de dietética dentro da categoría estatutaria de técnico/a especialista do Servizo Galego de Saúde, en base á habilitación contida no artigo 15.1 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, así como regular o seu réxime xurídico, réxime de acceso, funcións e dotación de cadro de persoal.
Poderán acceder a esta especialidade todas aquelas persoas que estean en posesión do título de técnico/a superior en dietética ou calquera outro declarado equivalente, previa superación do correspondente proceso de selección, tras o cal adquirirán a condición de persoal estatutario fixo da especialidade.
Estado actual: Aprobada e publicada no DOG