Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 11/02/2016

Data da publicación no DOG: 24/01/2018

Obxecto:

A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 4 do artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública o proxecto do Decreto polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de quince días hábiles.

As suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final, no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG