O Barómetro da calidade dos servizos públicos, previsto no artigo 24 da  Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos  e da boa administración, constitúe un sitio web específico sobre a  xestión e a avaliación da calidade dos servizos públicos do sector  público autonómico de Galicia que permite dar a coñecer a opinión e a  satisfacción da cidadanía en relación coa calidade dos servizos públicos  prestados polo sector público autonómico.