Transparencia institucional, organizativa e de planificación

Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas específicas de información institucional, organizativa e de planificación que recolle a normativa básica en materia de transparencia e as que, a maiores, incorpora tamén a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Imagen asociada a Entrada Institucional, organizativa e de planificación
G

Goberno e altos cargos

Neste apartado publícase a información relativa aos mecanismos de bo goberno e control da actividade das persoas que ocupan altos cargos no sector público autonómico.

C

Competencias da Comunidade autónoma

As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia establécense no Estatuto de Autonomía de Galicia. A estas competencias propias hai que engadir as asumidas en virtude dos diferentes reais decretos de traspasos de competencias realizados polo Estado.

E

Estrutura orgánica e funcional

Neste apartado recóllese a composición interna e a definición das atribucións que lle corresponden a cada un dos departamentos da Administración. En concreto, publícase información relativa ás funcións que teñen encomendadas, a súa normativa de aplicación, os organigramas actualizados dos diferentes departamentos, a relación de órganos colexiados e consellos de participación social que teñen adscritos, as delegacións de competencias vixentes así como o directorio e medios de contacto das unidades administrativas.

O

Organización das entidades instrumentais

Neste apartado recóllese a relación de entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia, conforme á Lofaxga, facilítase o acceso directo aos apartados de transparencia das devanditas entidades instrumentais e ofrécese información dos plans e procesos de reordenación de ditas entidades levados a cabo pola Xunta de Galicia.

P

Planificación

Os instrumentos de planificación da Administración autonómica incorporan os obxectivos, medidas de xestión e accións necesarias para levar á práctica as decisións acordadas nos órganos de goberno.

Neste apartado publícanse os devanditos instrumentos, en concreto, o Plan Estratéxico de Galicia, os diferentes plans e programas anuais/plurianuais, estruturados por departamentos e/ou áreas temáticas, os consellos de goberno así como a información relativa á planificación normativa da Xunta de Galicia.

R

Rexistro das actividades de tratamento. Protección de datos persoais

Neste apartado publícase o Rexistro das actividades de tratamento de datos persoais na Xunta de Galicia, en virtude do disposto no artigo 6 bis da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

I

Instrumentos de xestión das entidades instrumentais

Neste apartado pódense consultar os contratos de xestión ou contratos programa das entidades integrantes do sector público autonómico, así como outros instrumentos de xestión destas entidades.