En cumprimento do establecido no artigo 9.7.c) do Real Decreto 55/2017, do 3 de febreiro, acórdase someter a proposta de estrutura de custos a un trámite de información pública durante un prazo de vinte (20) días hábiles, contado dende o día seguinte ao da publicación deste acordo, a fin de que se poidan facer as observacións ou alegacións oportunas.
Para os efectos do trámite de información pública, a memoria xustificativa da estrutura de custos e da fórmula de revisión de prezos publicarase neste portal de Transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e na sección do mesmo nome do portal da Consellería de Medio Rural en https://www.xunta.gal/medio-rural/transparencia, así como no perfil de contratante do órgano de contratación da Consellería do Medio Rural na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (https://www.contratosdegalicia.gal).
Así mesmo, a devandita proposta está a disposición dos interesados na Subdirección Xeral de Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, Edificio administrativo núm. 4 de San Caetano, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.
As alegacións deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do modelo PR004A no prazo de 20 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente acordo, e ir dirixidas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
O prazo rematará o día 30 de xuño de 2026.