Decreto polo que se crea e regula o Observatorio galego contra a violencia no deporte

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral para o Deporte

Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Secretaría Xeral para o Deporte

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 09/12/2025 - 24/12/2025

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A loita contra a violencia no deporte é un dos obxectivos principais no sistema deportivo de Galicia, contemplado principalmente nos artigos 147 e seguintes da actual Lei do deporte. Cómpre continuar avanzando na erradicación de calquera forma de violencia ou discriminación do deporte galego.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Preténdese dotar o actual sistema dun novo órgano colexiado que veña a complementar as funcións da Comisión galega de control da violencia. Este novo órgano terá función de estudo, proposta e seguimento das accións na loita contra a violencia no deporte.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Cada vez máis a sociedade galega no seu conxunto, e o sistema deportivo de Galicia en particular, son máis esixentes no ámbito da tolerancia cero contra a existencia de comportamentos e condutas violentas ou discriminatorias no deporte.

    Por iso, faise necesario dotar o actual sistema dun órgano que complemente as funcións levadas a cabo a través da Comisión galega de control da violencia, e que se focalice en tarefas de estudo, proposta e seguimento en materia de prevención da violencia e todo tipo de condutas discriminatorias no deporte de Galicia.

  • Obxectivos:

    Crear e desenvolver o Observatorio galego da violencia no deporte, novo órgano colexiado consultivo que actuará de forma complementaria e coordinada aos traballos que xa se desenvolven pola Comisión galega de control da violencia no deporte.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    É necesaria a tramitación deste decreto para a creación e desenvolvemento do Observatorio.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 1