-
Antecedentes:
A Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, entre outras cuestións, establece o marco normativo básico para a obtención dos títulos profesionais de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
A falta de remuda xeneracional no sector pesqueiro.
A dificultade de adaptación ás distintas realidades dos profesionais do sector para garantir a continuidade da actividade pesqueira.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Impulsar a entrada ao sector de novos profesionais, polo que se fai necesario adaptar os requisitos de acceso ás titulacións reguladas nesta Orde ás distintas realidades dos profesionais do sector para garantir a continuidade da actividade pesqueira. Así, redúcese o número de horas do curso de mariñeiro/a pescador/a das 50 ás 23 horas establecidas no Real decreto 36/2014.
Igualmente, para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a, non se esixe o requisito de ter cumpridos os 16 anos, este requisito esíxese na data de realización do exame ou proba libre.
Inclúese, así mesmo, a posibilidade de matricularse nos cursos regulados na orde presentando como documentación complementaria copia do Pasaporte, no caso de que o solicitante non dispoña de DNI ou NIE.
-
Obxectivos:
O obxecto desta orde é establecer as bases e regular o procedemento para a obtención das titulacións profesionais náutico-pesqueiras de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Non pode apreciarse unha alternativa non regulatoria, xa que debe elaborarse unha disposición regulamentaria con rango de orde por precisarse a derrogación da actualmente en vigor.
-
Rango da norma:
Orde