-
Antecedentes:
A Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (dog 141, 26 de xuño ) promove a creación do Marco galego de competencias dixitais, para dar resposta a necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que as relacións coa administración e a vida cotiá requiren o emprego continuado do uso de tecnoloxías da sociedade da información.
No desenvolvemento normativo galego, no decreto 123/2021, do 2 de setembro, regulouse o Marco galego de competencias dixitais establecido pola Lei 4/2019, de xeito aliñado coas estratexias da Comisión Europea nesta materia.
O antedito decreto regulou os procesos de definición e xestión do Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais como mecanismo normalizado de certificación por parte da Administración pública, e garante a calidade dos coñecementos, destrezas e capacidades que as persoas posúen no ámbito dixital e segundo os criterios establecidos no marco.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Co novo anteproxecto de decreto búscase, entre outros:
- Eliminar o requisito de ser maior de 16 anos para obter a certificación galega en competencias dixitais (COMDIX), para que así poidan obtela os estudantes de secundaria que tendo menos de 16 anos, conten cos coñecementos, capacidades e aptitudes precisas de acordo co disposto no documento de "Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais"
- Introducir a posibilidade de que a obtención da certificación poida realizarse -ademais de mediante probas- mediante a superación de cursos convocados pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.
- Establecer o formato dixital coma vía exclusiva de emisión do certificado.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Coa entrada en vigor da lei 4/2019,de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia,faise necesario desenvolver as previsións que contempla nos seus artigos 106 e seguinte, e definir no decreto 123/2021, de 2 de setembro o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, para contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais avanzados, á mellora profesional e ao benestar colectivo.
No momento actual resulta necesario facer modificacións no texto do decreto, na busca de simplificar algunhas disposicións, eliminar redundancias con outros textos legais, conseguir unha maior claridade, unha maior eficacia na xestión e unha maior seguridade xurídica.
-
Obxectivos:
Desenvolver a lei 4/2019, do 17 de xullo, e definir no contexto actual o Marco Galego de Competencias Dixitais e a Certificación galega de competencias dixitais, mediante a modificación do texto do decreto 123/ 2021 de 2 de setembro,elaborando un texto mellorado, que de resposta aos problemas plantexados nos últimos anos, dende a entrada en vigor do antedito decreto.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Ao tratarse do desenvolvemento da referida lei 4/2019, do 17 de xullo, este debe de efectuarse mediante decreto, a fin de dar cumprimento ao previsto nos artigos 106 e seguintes da devandita lei.
-
Rango da norma:
Decreto