Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería do Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 08/03/2022 - 22/03/2022
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, xa regulara a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural.
A novidade estrutural máis importante desta norma foi o deslinde da Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal nas seguintes: Dirección Xeral de Defensa do Monte e Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, dada a extensión e entidade das competencias da antiga dirección xeral.
Este decreto modificouse polo Decreto 114/2021, do 22 de xullo. Con esta modificación reestruturouse a Dirección Xeral de Defensa do Monte, contando a partir de entón o devandito centro directivo con dúas subdireccións xerais: a Subdirección Xeral de Prevención e a Subdirección Xeral de Extinción, e un servizo directamente dependente da Dirección Xeral, o Servizo de Xestión de Fondos e Coordinación. Tamén se dotou á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal dun Servizo de Planificación e Coordinación Forestal, dada a necesidade de levar a cabo a elaboración de programas de actuación, realizar tarefas de coordinación administrativa forestal e ante a insuficiencia da estrutura organizativa.
Problemas que se pretenden solucionar:
Os problemas principais a solucionar con novo decreto de estrutura son os que seguen:
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O novo decreto de estrutura xurde da necesidade de refundir nunha única norma as modificacións que se operaron sobre o anterior decreto de estrutura e, sobre todo, da necesidade de actualizar a regulación competencial en aspectos tan fundamentais como os que se indican a continuación:
Obxectivos:
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Dada a entidade das modificacións que se propoñen na estrutura da Consellería do Medio Rural a opción máis axeitada é a aprobación dun novo decreto de estrutura que inclúa toda a regulación que precisa a citada consellería.
Rango da norma:
Decreto