Antecedentes:
A Comunidade Autónoma de Galicia desenvolve as súas competencias sobre o medio ambiente atmosférico no marco do establecido nos arts. 149, 1, 23ª da Constitución Española de 1978 e 27, 30º do Estatuto de Autonomía de Galicia (aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril). No exercicio destas competencias, no que atinxe á protección do ambiente atmosférico, o Goberno de Galicia aplica a norma básica estatal, a Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera (en diante, LCAPA).
As bases para o desenvolvemento desta norma autonómica están recollidas na propia Lei 34/2007, que establece:
Artigo 14. Modificación substancial da instalación:
Para os efectos do previsto no artigo 13, corresponderá ás comunidades autónomas concretar en que termos a modificación dunha instalación é cualificada como substancial.
Disposición transitoria única. Réxime aplicable ás instalacións existentes:
A lexislación das comunidades autónomas establecerá os termos e prazos de adaptación ao establecido nesta lei das instalacións existentes, definidas no artigo 3.h), así como daquelas que solicitasen a autorización antes da súa entrada en vigor.