Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Departamento: Consellería de Política Social - Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 14/03/2018 - 05/04/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
A Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia modifica a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil da Lei de Enxuizamento Civil, e introduce un novo Capítulo IV no Título II na devandita lei, que abrangue os artigos 25 a 35, ambos inclusive.No devandito capítulo regúlanse os centros de protección específicos de menores con problemas de conduta, definindo o acollemento residencial nos devanditos centros, as súas características, as condicións de ingreso, as medidas de seguridade e contención, o illamento do menor, os rexistros persoais e materiais, a supervisión e control, a administración de medicamentos, o réxime de visitas e permisos de saída e de comunicacións do menor, así como o seu réxime disciplinario.A Xunta de Galicia de acordo coas liñas 23 e 24 do artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia está lexitimada para desenvolver a dita normativa aprobando un regulamento de organización, funcionamento e réxime disciplinario para os centros de acollemento residencial de menores con problemas de conduta baixo medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Problemas que se pretenden solucionar:
A definición e regulación dos centros de acollemento residencial de menores con problemas de conduta establecida neste novo marco legal fai necesario que a Comunidade Autónoma de Galicia dite un regulamento de organización, funcionamento e réxime disciplinario destes centros dentro do mandato contido no artigo 31 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación do Código Civil da Lei de Enxuizamento Civil.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O establecido neste regulamento será o instrumento normativo que determine os aspectos básicos de organización, funcionamento e réxime disciplinario destes centros, o que nos permitirá un desenvolvemento adecuado das súas funcións.
Obxectivos:
A norma que se pretende ditar ten por obxecto regular os centros de acollemento residencial de menores con problemas de conduta. En concreto, establecer as normas de organización, funcionamento e réxime disciplinario.
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Ditar un regulamento de organización, funcionamento e réxime disciplinario dos centros de acollemento residencial de menores con problemas de conduta.
Rango da norma:
Decreto