Decreto polo que se aprobe o regulamento da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Consellería do Medio Rural

Departamento: Consellería do Medio Rural

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 22/05/2017 - 09/06/2017

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, establece ao longo do seu texto diversos aspectos que deixa a desenvolvemento regulamentario, así como existen aspectos da mesma que, aínda que non se esixa por lei o seu desenvolvemento regulamentario, é necesario concretar para a plena aplicación do disposto na Lei.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Pretende dar solución a cuestións que non están o suficientemente desenvolvidas na Lei e que é necesario instrumentalizar para poder levar a cabo a mellora da estrutura territorial agraria de Galicia a través dos distintos procesos que recolle esta no seu artigo 3. En caso contrario, suporía a existencia de baleiros legais que farían de difícil aplicación práctica a Lei 4/2015, ao non quedar regulados en toda a súa extensión os anteditos procesos de mellora territorial.

     

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    O propio mandato legal dispón que diversos aspectos recollidos na Lei sexan desenvolvidos polo miúdo, ao que hai que engadir que no ano que leva en vigor a Lei puxéronse de manifesto diversas situacións que fan oportuno o seu regulamento para ter un instrumento de mellora da estrutura territorial agraria que permita ter regulados a meirande parte desas situacións dun xeito unificado e facilite que os administrados saiban en todo momento dos procesos de mellora polos que se vexan afectados os seus dereitos e obrigas así como o iter de actuación que a Administración debe levar a cabo.

  • Obxectivos:

    Responder ao mandato establecido na Lei 4/2015, en canto ao seu desenvolvemento regulamentario, así como contar cun marco normativo o máis completo posible, que permita ter regulados os dos distintos procesos de mellora da estrutura territorial agraria facilitando a súa aplicación práctica.

  • Rango da norma:

    Decreto