Decreto polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación Forestal

Departamento: Consellería do Medio Rural

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 18/05/2017 - 06/06/2017

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Actualmente, en aplicación da disposición transitoria sexta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os montes ou terreos forestais haberán de dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio e vixente, como máximo, no prazo de seis anos desde a publicación das instrucións de ordenación de Galicia. É dicir, o 8 de maio de 2020.

    Por outra banda, a disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, permite que calquera persoa propietaria ou titular dun monte, independentemente da súa titularidade, condición ou superficie en coto redondo e só para os efectos previstos en materia de obtención de beneficios, tales como axudas relativas ao desenvolvemento rural, comunique a súa adhesión aos referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal. Esta excepción caducará o 8 de agosto de 2018.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    É inoportuno que exista un período de tempo durante o cal, non sendo obrigatorio dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal, os montes que carecen de instrumento non poidan acceder ás distintas subvencións que se convoquen. Por este motivo, vincúlase o réxime transitorio establecido no Decreto 52/2014 ao prazo establecido na Lei 7/2012.

     

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A necesidade vén determinada polo vencemento do prazo o 8 de agosto de 2018.

  • Obxectivos:

    Corrixir os problemas sinalados.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Manter o prazo.

     

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 1