O Plan de prevención de condutas adictivas en Galicia 2026-2030 nace tras avaliar o plan anterior e analizar os datos de consumo das enquisas EDADES 2024 e ESTUDES 2025.
O seu obxectivo é corrixir carencias pasadas mediante programas baseados en evidencia científica, mellor financiamento e maior coordinación entre os sectores sanitario, educativo, social, laboral e os concellos.
O Plan 2026-2030 substitúe e actualiza o marco de planificación anterior, incorporando as aprendizaxes derivadas da avaliación do Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016 e dos datos epidemiolóxicos máis recentes.
Principais novidades
- Ampliación do concepto de conduta adictiva, incorporando as adiccións sen substancia.
- Maior diferenciación entre prevención, tratamento e inclusión social.
- Reforzo do liderado da autoridade sanitaria na planificación preventiva.
- Actualización das prioridades en función dos novos patróns de consumo.
- Incorporación sistemática da perspectiva de xénero e do enfoque de equidade.
- Maior atención ás novas tecnoloxías, ao xogo e ás condutas dixitais.
- Implantación dun sistema común de avaliación e seguimento.
- Creación dun cadro de mandos estratéxico e operativo.
- Definición de indicadores clave de cumprimento.
- Reforzo da calidade e da avaliación da carteira de programas.
- Impulso da formación, da investigación e da difusión de boas prácticas.