Desde a Xunta de Galicia estamos a traballar nunha nova planificación dos servizos públicos, e para iso poñemos en marcha este proceso participativo para coñecer a vosa opinión e recibir as vosas propostas de mellora.
Ao longo desta enquisa, totalmente anónima e moi breve, solicitamos a vosa colaboración para valorar o estado actual dos servizos públicos, a vosa opinión sobre novas liñas de acción a desenvolver pola Xunta de Galicia, así como a posibilidade de que formuledes de xeito libre as propostas que consideredes máis útiles.
A enquisa é totalmente anónima, só vos pedimos que nos indiquedes a vosa idade para poder estratificar as respostas por grupos de idade.