Plan de emerxencia exterior do polígono de A Grela-Bens

Revisión do plan de emerxencia exterior do polígono de A Grela-Bens.

O plan de emerxencia exterior do Polígono de A Grela-Bens vixente foi aprobado mediante o Decreto 174/2021, do 29 de decembro. Transcorridos xa tres anos, cómpre a súa revisión.

Os obxectivos fundamentais do plan son:

  • Determinar as zonas de intervención e alerta.
  • Prever a estrutura organizativa e os procedementos de intervención para as situacións de emerxencia por accidentes graves.
  • Prever os procedementos de coordinación co plan estatal para garantir a súa adecuada integración.
  • Establecer os sistemas de articulación coas organizacións das Administracións Municipais e definir os criterios para a elaboración dos plans de actuación municipal daquelas.
  • Especificar os procedementos de información á poboación sobre as medidas de seguridade que deban tomarse e sobre o comportamento a adoptar en caso de accidente.
  • Catalogar os medios e recursos específicos a disposición das actuacións previstas.
  • Garantir a implantación e mantemento do plan.

Pechado o prazo de participación

Actualizado: 25/04/2025

Estado actual: pechado o prazo de participación

Prazo para achegas: 25/04/2025 - 22/05/2025

Órgano: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior