Semana da Administración Aberta 2022

No ano 2022 a Semana da Administración Aberta celebrarase do 27 de xuño ao 1 de xullo.

A Comunidade Autónoma de Galicia participa nesta iniciativa coa organización dos seguintes eventos: 

Xornada de Portas Abertas da Xunta de Galicia

  • Lugar: edificio administrativo de San Caetano
  • Destinatarios: alumnado de Educación Primaria e persoas dun centro residencial de maiores
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Detalle do evento: xornada de portas abertas na que se realizará unha visita á sede da Xunta de Galicia por parte dun grupo de alumnado de educación primaria e un colectivo de persoas dun centro residencial de maiores. Desta forma o goberno e a administración galega achéganse a dous colectivos específicos, o infantil e o das persoas maiores, fomentando a concienciación de que o goberno aberto implica a participación de todos e todas e de que todas as voces son importantes e achegan perspectivas distintas e fundamentais.

 Webinario Acceso á información pública

  • Celebración virtual
  • Destinatarios: persoal empregado público da Xunta de Galicia
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Detalle do evento: webinario dirixido a empregados e empregadas publicas relativo ao dereito de acceso á información pública

Presentación do vídeo Coñece as túas institucións

  • Cancelada

Resultoulle útil a información?