Semana da Administración Aberta 2021

No ano 2021 esta iniciativa denominouse Semana da Administración aberta e celebrouse do 17 ao 21 de maio.

O tema proposto para este ano pola Alianza céntrase a reconstrución de administracións, institucións e sociedades, baixo o lema "Como reconstruímos  gobernos, institucionais e sociedades que sexan transparentes, responsables, participativos e inclusivos".

A Comunidade Autónoma de Galicia participou nesta iniciativa coa organización dos seguintes eventos.

18/05/2021

Presentación de Materiais Educativos sobre Integridade Institucional

  • Lugar: edificio administrativo de San Caetano
  • Destinatarios: os materiais didácticos que se presentaron diríxense a alumnado de ESO e Bacharelato
  • Organización: Xunta de Galicia e Consello de Contas de Galicia
  • Asistentes: convidouse á presentación a un grupo de profesorado e alumnado de ESO

Xornada de Participación Xuvenil

  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública
  • Destinatarios: asociacións xuvenís
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Asistentes: convidouse á representantes de asociacións de participación xuvenil para abordar con eles a reforma do Portal de Transparencia e Goberno aberto de cara a inclusión dunha canle específica de participación infantil e xuvenil

19/05/2021

Xornada Portas Abertas da Xunta de Galicia

  • Lugar: edificio administrativo de San Caetano
  • Destinatarios: alumnado de Educación Primaria
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Asistentes: convidouse á un grupo de alumnos e alumnas de Educación Primaria a coñecer e realizar unha visita á sede da Xunta de Galicia 

Presentación de Boas prácticas en materia de discapacidade

  • Encontro virtual
  • Destinatarios: asociacións de persoas con discapacidade
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Asistentes: convidouse á reunión a representantes de asociacións de persoas con discapacidade, que trasladaron á administración galega as súas propostas de mellora e as súas inquedanzas no eido do Goberno aberto

20/05/2021

Foro de debate: “Como reconstruímos  gobernos, institucións e sociedades que sexan transparentes, responsables, participativos e inclusivos”

  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública
  • Destinatarios: alumnado universitario
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Asistentes: convidouse á presentación a alumnado universitario 

21/05/2021

Webinario sobre o Plan de Mellora da Calidade dos Servizos Públicos

  • Lugar: edificio administrativo de San Caetano e ao tempo celebración virtual
  • Destinatarios: persoal empregado público da Xunta de Galicia
  • Organización: Xunta de Galicia
  • Asistentes: convidouse ao webinario a persoal empregado público da Xunta de Galicia

 

Resultoulle útil a información?