Plan de Prevención de condutas adictivas en Galicia 2026–2030

O Plan de prevención de condutas adictivas en Galicia 2026-2030 é a estratexia da Xunta para orientar as políticas públicas de prevención de adiccións durante este período.

O Plan de prevención de condutas adictivas en Galicia 2026-2030 nace tras avaliar o plan anterior e analizar os datos de consumo das enquisas EDADES 2024 e ESTUDES 2025.

O seu obxectivo é corrixir carencias pasadas mediante programas baseados en evidencia científica, mellor financiamento e maior coordinación entre os sectores sanitario, educativo, social, laboral e os concellos.

O Plan 2026-2030 substitúe e actualiza o marco de planificación anterior, incorporando as aprendizaxes derivadas da avaliación do Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016 e dos datos epidemiolóxicos máis recentes.

Principais novidades

  • Ampliación do concepto de conduta adictiva, incorporando as adiccións sen substancia.
  • Maior diferenciación entre prevención, tratamento e inclusión social.
  • Reforzo do liderado da autoridade sanitaria na planificación preventiva.
  • Actualización das prioridades en función dos novos patróns de consumo.
  • Incorporación sistemática da perspectiva de xénero e do enfoque de equidade.
  • Maior atención ás novas tecnoloxías, ao xogo e ás condutas dixitais.
  • Implantación dun sistema común de avaliación e seguimento.
  • Creación dun cadro de mandos estratéxico e operativo.
  • Definición de indicadores clave de cumprimento.
  • Reforzo da calidade e da avaliación da carteira de programas.
  • Impulso da formación, da investigación e da difusión de boas prácticas.

Aberto o prazo de participación

Actualizado: 14/10/2026

Estado actual: aberto o prazo de participación

Prazo para achegas: 14/10/2026 - 31/10/2026

Órgano: Dirección Xeral de Saúde Pública

Departamento: Consellería de Sanidade - Dirección Xeral de Saúde Pública

O Plan de prevención de condutas adictivas en Galicia 2026-2030 nace tras avaliar o plan anterior e analizar os datos de consumo das enquisas EDADES 2024 e ESTUDES 2025.

O seu obxectivo é corrixir carencias pasadas mediante programas baseados en evidencia científica, mellor financiamento e maior coordinación entre os sectores sanitario, educativo, social, laboral e os concellos.

O Plan 2026-2030 substitúe e actualiza o marco de planificación anterior, incorporando as aprendizaxes derivadas da avaliación do Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016 e dos datos epidemiolóxicos máis recentes.

Principais novidades

  • Ampliación do concepto de conduta adictiva, incorporando as adiccións sen substancia.
  • Maior diferenciación entre prevención, tratamento e inclusión social.
  • Reforzo do liderado da autoridade sanitaria na planificación preventiva.
  • Actualización das prioridades en función dos novos patróns de consumo.
  • Incorporación sistemática da perspectiva de xénero e do enfoque de equidade.
  • Maior atención ás novas tecnoloxías, ao xogo e ás condutas dixitais.
  • Implantación dun sistema común de avaliación e seguimento.
  • Creación dun cadro de mandos estratéxico e operativo.
  • Definición de indicadores clave de cumprimento.
  • Reforzo da calidade e da avaliación da carteira de programas.
  • Impulso da formación, da investigación e da difusión de boas prácticas.

Aberto o prazo de participación

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta participación. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Achegas/opinións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.