Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029

En cumprimento do disposto no art. 14 do Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, sometese a información pública, durante un prazo de dous meses, o proxecto do Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029

Son obxectivos básicos do Plan:

  • Garantir a homoxeneidade da información producida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e demais entidades instrumentais do sector público autonómico que desenvolvan actividades cartográficas.
  • Favorecer a eficiencia no gasto público destinado a cartografía e sistemas de información xeográfica, evitando a duplicidade dos recursos públicos e promovendo a cooperación interinstitucional.
  • Organizar e xestionar a información xeográfica dispoñible sobre o territorio de Galicia e integrala nun modelo de datos homoxéneo.
  • Asegurar a dispoñibilidade pública e actualización dos datos xeográficos de referencia.
  • Optimizar a calidade da produción cartográfica oficial e a súa utilidade como servizo público, facilitando o acceso á información xeográfica e favorecendo a competitividade do sector cartográfico privado.

Aberto o prazo de participación

Actualizado: 06/10/2026

Estado actual: aberto o prazo de participación

Prazo para achegas: 06/10/2026 - 07/12/2026

Órgano: Instituto de Estudos do Territorio

Departamento: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Aberto o prazo de participación

Formulario de participación

Cubra este formulario e a súa suxestión será atendida polo departamento que elaborou esta participación. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Achegas/opinións

Se fose necesario anexar algún documento, este deberá axustarse aos seguintes formatos: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml. En calquera caso non se deberá superar o límite de tamaño establecido de 5 MB.