Guía de boas prácticas para a integración paisaxística de terrazas nos espazos públicos

Consulta pública previa sobre a elaboración dunha Guía de boas prácticas para a integración paisaxística de terrazas nos espazos públicos.

Antecedentes

O Convenio Europeo da Paisaxe (Consello de Europa, 2000) iniciou unha nova etapa na consideración da paisaxe, na que Galicia foi unha das primeiras Comunidades Autónomas en dotarse dunha normativa específica sobre paisaxe: 

  • A Lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia
  • O Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
  • O Decreto 119/2016, do 28 de xullo, polo que se aproba o Catálogo das paisaxes de Galicia.
  • O Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia.

Problemas que se pretenden solucionar

As terrazas, lugar de encontro e relación social, que achegan vitalidade aos espazos urbanos, producen unha ocupación do espazo público por unha actividade de carácter privado que en ocasións produce inconvenientes e impactos que é necesario controlar e minimizar.

O deseño do mobiliario, a súa utilización como soporte publicitario, a incorporación de elementos de división ou protección fronte ao vento ou a choiva, ou a inclusión doutro tipo de elementos como plataformas, tarimas ou peches, poden supoñer un efecto sobre a paisaxe urbana.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación

A necesidade e oportunidade da Guía vén xustificada pola propia existencia do Convenio Europeo da Paisaxe e polo artigo 50 do Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, que recolle a elaboración dos manuais e guías técnicas, coa finalidade de divulgar os valores das paisaxes de Galicia, ofrecer orientacións ou recomendacións para a integración paisaxística de determinadas actuacións, facilitar a aplicación das disposicións da lexislación sobre paisaxe e fomentar boas prácticas de intervención na paisaxe.

Obxectivos

Coa elaboración desta guía preténdense expoñer solucións prácticas e recomendacións que permitan que os equipamentos das terrazas e a súa disposición nos espazos públicos que ocupen teñan unha boa integración paisaxística coa contorna onde se sitúan.

Así pois, a finalidade da guía é establecer recomendacións para o coidado do espazo público atendendo ao patrimonio urbano, para obter unha calidade e hospitalidade no trato tanto do cliente das terrazas coma dos visitantes de tránsito por estes lugares.

A unidade e harmonía no deseño do resto dos elementos que poidan formar parte da terraza, antucas, toldos, paneis, rótulos etc. é fundamental para conseguir unha imaxe unitaria e de calidade.

Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias

A elaboración desta guía vén amparada, como se ten indicado, polo contido previsto no artigo 50 do Decreto 96/2020, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Como o resto de volumes da Colección Paisaxe Galega, esta guía pretende ser unha ferramenta de referencia e axuda, dirixida tanto ás Administracións Públicas como aos particulares, para avanzar na investigación e aplicación de boas prácticas para a integración paisaxística, en consonancia coas políticas de protección, xestión e ordenación da paisaxe que propugnan o Convenio Europeo da Paisaxe e a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Actualizado: 23/10/2023

Estado actual: pechado o prazo de participación

Prazo: 06/10/2023 - 20/10/2023

Órgano: Instituto de Estudos do Territorio

Departamento: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Instituto de Estudos do Territorio