Plan de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2023-2030 (PXRMG)

O novo Plan de Xestión dos Residuos Municipais de Galicia (PXRMG) fomentará a prevención na xeración de residuos e impulsará un correcto tratamento destes, conforme á xerarquía de xestión de residuos, sendo coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022 (PXRUG) está próximo a expirar. Por este motivo, estase a tramitar un novo plan que se converterá en folla de ruta para a xestión dos residuos municipais no período comprendido entre os anos 2023-2030.

Este Plan é necesario para poder acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre prevención na xeración de residuos municipais, promoción da reutilización, reciclado e redución do vertido sendo así mesmo coherente, coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.

As actuacións que se incluirán no novo Plan estableceranse en concordancia coa xerarquía de residuos, incluíndo unha diagnose da situación actual, unha avaliación da evolución da xeración de residuos, unha planificación e un seguimento da planificación, preparación para a reutilización, a reciclaxe e a valorización material de cada un dos fluxos de residuos.

A prevención é o primeiro paso na xerarquía de xestión e debe ocupar un lugar principal na xestión dos residuos municipais. É por iso que o plan conta cun programa de prevención que persegue avanzar no cumprimento dos obxectivos de prevención de residuos, desligando o crecemento económico da xeración de residuos. Pero ademais, seguindo a xerarquía de residuos, é necesario incluír un plan de xestión deseñado para confluír nunha sociedade eficiente no uso dos recursos, que avance cara a un cambio de modelo, dirixido á economía circular, na que se incorporen ao proceso produtivo unha e outra vez os materiais que conteñen os residuos para a produción de novos produtos ou materias primas.

Actualizado: 18/08/2023

Estado actual: pechado o prazo de participación

Prazo: 18/08/2023 - 17/10/2023

Órgano: Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

Departamento: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022 (PXRUG) está próximo a expirar. Por este motivo, estase a tramitar un novo plan que se converterá en folla de ruta para a xestión dos residuos municipais no período comprendido entre os anos 2023-2030.

Este Plan é necesario para poder acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre prevención na xeración de residuos municipais, promoción da reutilización, reciclado e redución do vertido sendo así mesmo coherente, coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.

As actuacións que se incluirán no novo Plan estableceranse en concordancia coa xerarquía de residuos, incluíndo unha diagnose da situación actual, unha avaliación da evolución da xeración de residuos, unha planificación e un seguimento da planificación, preparación para a reutilización, a reciclaxe e a valorización material de cada un dos fluxos de residuos.

A prevención é o primeiro paso na xerarquía de xestión e debe ocupar un lugar principal na xestión dos residuos municipais. É por iso que o plan conta cun programa de prevención que persegue avanzar no cumprimento dos obxectivos de prevención de residuos, desligando o crecemento económico da xeración de residuos. Pero ademais, seguindo a xerarquía de residuos, é necesario incluír un plan de xestión deseñado para confluír nunha sociedade eficiente no uso dos recursos, que avance cara a un cambio de modelo, dirixido á economía circular, na que se incorporen ao proceso produtivo unha e outra vez os materiais que conteñen os residuos para a produción de novos produtos ou materias primas.

Achegas e opinións recibidas: 10