Na Estratexia galega de acción exterior (Egaex) concrétanse as prioridades que atinxen de seu á sociedade galega.
O lexislador xa nos axuda a priorizar, por canto ao se pronunciar sobre ámbitos xeográficos comeza aludindo á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e á lusofonía no seu Título IV, e posteriormente á UE e ao resto da Europa no Título V, ficando ulteriormente os restantes ámbitos.
Na Egaex incídese na promoción da lingua, cultura e imaxe de Galicia, na defensa dos dereitos e expectativas da diáspora galega nos Estados en que estiver asentada, na promoción da empresa e a economía galegas no exterior e no estreitamento do vínculo con Portugal e coa comunidade lusófona de nacións.
Sinálase que na súa acción exterior, Galicia ha estar plenamente comprometida coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible das Nacións Unidas (ODS); así como coa Estratexia exterior de España e coas directrices exteriores da UE.