Plan director do sector forestal-madeira

A Xunta de Galicia, considera fundamental desenvolver unha estratexia de política industrial dirixida a facilitar o proceso de transformación das industrias galegas,  así como a impulsar as oportunidades para esta comunidade autónoma asociadas á evolución tecnolóxica e aos novos sectores produtivos, co obxectivo último de impulsar a actividade industrial en Galicia, incrementar a competitividade da industria galega e xerar emprego de calidade. Por este motivo, comezan a desenvolverse uns novos instrumentos de planificación industrial: os plans directores dos distintos sectores industriais estratéxicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os plans directores son instrumentos de carácter estratéxico, que teñen como fin potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto que corresponda, a través da definición das medidas dirixidas a fortalecer o sector industrial, mellorando a competitividade das industrias actuais, fomentando a súa internacionalización, favorecendo a sustentabilidade e impulsando a innovación industrial dos seus procesos produtivos, co fin de incrementar o emprego industrial de calidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A determinación dos sectores industriais estratéxicos para Galicia aos efectos de elaborar os plans directores poderán realizarse de forma conxunta, agrupando varios sectores, ou de forma paulatina, de acordo coas prioridades que se establezan e que se fundamentarán, entre outras variables, na situación do sector industrial e na súa capacidade de crecemento e xeración de emprego.

O pasado 29 de febreiro do 2024 acordouse no Consello da Xunta de Galicia a declaración de seis sectores industriais estratéxicos, entre os que, dado o seu impacto macroeconómico no conxunto de Galicia, está o sector Forestal-Madeira a proposta da Consellería de Medio Rural e da Consellería da Economía, Industria e Innovación.

O artigo 65 do Texto refundido das disposicións legais da comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro detalla o procedemento de elaboración e aprobación dos plans directores dos distintos sectores industriais e, concretamente, o punto 3 deste artigo sinala que, con carácter previo á elaboración do anteproxecto, levarase a cabo unha consulta pública a través do Portal de transparencia e Goberno aberto, por un mínimo de 15 días naturais co obxecto de solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas polo futuro plan. 

Actualizado: 26/03/2024

Estado actual: aberto o prazo de participación

Prazo: 26/03/2024 - 15/04/2024

Órgano: Secretaría Xeral de Industria

Departamento: Consellería de Economía, Industria e Innovación; Consellería do Medio Rural

Os plans directores son instrumentos de carácter estratéxico, que teñen como fin potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto que corresponda, a través da definición das medidas dirixidas a fortalecer o sector industrial, mellorando a competitividade das industrias actuais, fomentando a súa internacionalización, favorecendo a sustentabilidade e impulsando a innovación industrial dos seus procesos produtivos, co fin de incrementar o emprego industrial de calidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A determinación dos sectores industriais estratéxicos para Galicia aos efectos de elaborar os plans directores poderán realizarse de forma conxunta, agrupando varios sectores, ou de forma paulatina, de acordo coas prioridades que se establezan e que se fundamentarán, entre outras variables, na situación do sector industrial e na súa capacidade de crecemento e xeración de emprego.

O pasado 29 de febreiro do 2024 acordouse no Consello da Xunta de Galicia a declaración de seis sectores industriais estratéxicos, entre os que, dado o seu impacto macroeconómico no conxunto de Galicia, está o sector Forestal-Madeira a proposta da Consellería de Medio Rural e da Consellería da Economía, Industria e Innovación.

O artigo 65 do Texto refundido das disposicións legais da comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro detalla o procedemento de elaboración e aprobación dos plans directores dos distintos sectores industriais e, concretamente, o punto 3 deste artigo sinala que, con carácter previo á elaboración do anteproxecto, levarase a cabo unha consulta pública a través do Portal de transparencia e Goberno aberto, por un mínimo de 15 días naturais co obxecto de solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas polo futuro plan. 

 

Achegas e opinións recibidas: 9