Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2023-2030
O novo Plan de Xestión dos Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) fomentará a prevención na xeración de residuos e impulsará un correcto tratamento destes, conforme á xerarquía de xestión de residuos, sendo coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.
O Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022 (PRIGA) está próximo a expirar. Por este motivo, estase a tramitar un novo plan que se converterá en folla de ruta para a xestión dos residuos industriais no período comprendido entre os anos 2023-2030.
Este plan é necesario para poder acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre prevención na xeración de residuos industriais, promoción da reutilización, reciclado e redución do vertido, sendo así mesmo coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.
As actuacións que se incluirán no novo plan estableceranse en concordancia coa xerarquía de residuos, incluíndo unha diagnose da situación actual, unha avaliación da evolución da xeración de residuos, unha planificación e un seguimento da planificación que incida na simbiose industrial, preparación para a reutilización, a reciclaxe e a valorización material de cada un dos fluxos de residuos.
Estado actual: participación pechada desde o 5/6/2023
Prazo: 04/04/2023 - 05/06/2023
Órgano: Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Departamento: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
O Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022 (PRIGA) está próximo a expirar. Por este motivo, estase a tramitar un novo plan que se converterá en folla de ruta para a xestión dos residuos industriais no período comprendido entre os anos 2023-2030.
Este plan é necesario para poder acadar os obxectivos esixidos na normativa vixente sobre prevención na xeración de residuos industriais, promoción da reutilización, reciclado e redución do vertido, sendo así mesmo coherente coas estratexias galegas de Economía Circular 2020-2030 e a de Cambio Climático e Enerxía 2050.
As actuacións que se incluirán no novo plan estableceranse en concordancia coa xerarquía de residuos, incluíndo unha diagnose da situación actual, unha avaliación da evolución da xeración de residuos, unha planificación e un seguimento da planificación que incida na simbiose industrial, preparación para a reutilización, a reciclaxe e a valorización material de cada un dos fluxos de residuos.
Achegas e opinións recibidas: 21