Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Neste apartado poden consultarse os plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude dos distintos departamentos e entidades da Xunta de Galicia.
O 10 de decembro de 2021 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, que se configurou como o instrumento do sector público autonómico galego que tiña por finalidade a xestión e avaliación dos riscos de xestión, incluída a fraude, para dar soporte aos procesos de planificación, toma de decisións e execución das actividades que realiza a Administración autonómica.
O propio plan, aínda que recolle unha análise dos principais riscos de xestión detectados, estableceu que unha correcta metodoloxía esixe que en cada órgano e entidade se proceda a realizar unha axeitada e individualizada análise dos riscos en función da súa actividade, polo que debe completarse con plans específicos de prevención de riscos de xestión de cada un deles, aprobados pola persoa titular da consellería correspondente.
En cumprimento desta previsión, desde decembro de 2021 os distintos departamentos foron elaborando e aprobando os correspondentes plans específicos de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude.
O 19 de maio de 2023, o Consello da Xunta de Galicia aprobou unha revisión e actualización do Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia, o que supuxo un novo impulso na elaboración dos plans específicos naqueles departamentos que non os tiñan aprobados e o inicio do proceso de revisión naqueles que xa contaban cun plan específico, pero que debía ser actualizado, tendo en conta as novas previsións do Plan xeral.
Neste apartado poden consultarse tanto os plans específicos que foron aprobados dende decembro de 2021 ao abeiro do anterior Plan xeral como os novos plans específicos adaptados á revisión do Plan xeral do ano 2023. Estes últimos aparecen en dous subapartados: por un lado os plans correspondentes á estrutura orgánica anterior ao 27 de maio de 2024 (data de publicación dos decretos coa nova estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia), e por outro lado os plans correspondentes á estrutura orgánica actualmente vixente.
Documentos relacionados
Plans específicos de riscos de xestión e medidas antifraude de cada departamento (adaptados á revisión do Plan xeral de 2023)
Resultoulle útil a información?
Non se pode rexistrar a puntuación neste momento. Por favor, inténteo de novo máis tarde.
Grazas! A súa valoración e suxestión ou proposta de mellora foron rexistradas correctamente
O comentario introducido supera o número de caracteres permitido
Grazas! A súa valoración foi rexistrada correctamente
Se o desexa, tamén pode deixar unha suxestión ou proposta de mellora sobre esta páxina
Dispón dun número limitado de 1000 caracteres para a súa mensaxe